Running · Rianxo e Barbanza

Club de running en Rianxo

Saír a correr é máis doado cando hai un grupo esperando. No clube adestramos carreira a pé xuntos, sexa para preparar un triatlón ou simplemente porque nos gusta correr.

01

Rodaxes en grupo

Saídas semanais polo paseo marítimo, as pistas e os camiños de Rianxo e a comarca do Barbanza, con grupos por ritmo para que ninguén corra só.

02

Series e técnica

Sesións de calidade para mellorar ritmo e eficiencia: series, cambios de ritmo, técnica de carreira e traballo de forza básico.

03

Carreiras populares e trail

Preparamos xuntos as carreiras populares da zona, probas de trail e a parte de carreira do triatlón e o duatlón, incluídas as transicións.

Para quen é

Preguntas frecuentes

Teño que facer triatlón para correr co clube?

Non. Podes vir só a correr. Moitos atletas empezan no running e despois animanse coa bici ou a natación.

Que nivel fai falta?

Ningún en concreto. Facemos grupos por ritmo e adaptamos as sesións a cada persoa.

Onde adestrades?

En Rianxo e arredores: paseo marítimo, pistas e camiños da comarca do Barbanza. Pregúntanos polo punto de encontro de cada semana.

Ven probar con nós

O primeiro adestramento é de balde. Chámanos ou escríbenos.